SAUDE MENTAL
"A Mariña"
Burela
982 581 620
asociamarina@telefonica.net
Ribadeo
982 130 014
asociamarina@telefonica.net
U. Residencial "A Mariña"
982 557 692
asociamarina@telefonica.net
Viveiro
982 235 022
asociamarina@telefonica.net
HISTORIA
Esta Asociación foi fundada en 1999 por familias afectadas pola problemática da enfermidade mental, que uniron os seus esforzos para loitar por un obxetivo común: acadar que ós enfermos mentais e ás súas familias se lles preste unha axuda e asistencia continuada, buscando a integración dos mesmos na sociedade e na vida de comunidade, e fixando como obxetivo prioritario a súa rehabilitación psicosocial e laboral.
MISIÓN
- Prestar unha asistencia continuada ás persoas con enfermidade mental persistente para lograr a súa rehabilitación, así como ás súas familias, na Área Sanitaria de A Mariña de Lugo.
VISIÓN
- Os dispositivos complementarios de rehabilitación serán os de referencia para os usuarios de A Mariña de Lugo, catorce municipios.
- Medrar en recursos, dispositivos e programas terapéuticos para ofrecer unha atención integral.
- Formar parte da rede sociosanitaria cunha axeitada coordinación co resto dos recursos para garantir unha asitencia o máis axeitada posible ó paciente e á súa familia.
VALORES
- Profesionalidade
- Transparencia
- Traballo en equipo
- Eficacia
- Afecto, comprensión e implicación
- Seguridade
ORGANIGRAMA
USUARIOS
A Asociación pon os seus recursos a disposición de persoas diagnosticadas de enfermidade mental persistente, con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos de idade, e tamén das súas familias coas que estes conviven que precisan estratexias de afrontamento da enfermidade e un apoio continuado tanto por parte dos profesionais como de outras familias que viven na mesma situación.
MAPA DE PROCESOS
POLÍTICA DE CALIDADE
A Política de Calidade é definida e consensuada pola Xunta Directiva da Asociación e a Dirección Técnica dos dispositivos co fin de aportar un servizo donde a prioridade sexa ofrecer o mellor aos grupos de interese implicados na nosa organización. Baséase nos seguintes compromisos:
- Mellora continua dos servizos e recursos para prestar un servizo de calidade adaptado ás necesidades e expectativas de cada usuario.
- Promover a integración social e laboral dos nosos usuarios coa conseguinte integración e sensibilización por parte da sociedade.
- Colaborar co resto de recursos sociosanitarios para alcanzar unha coordinación e comunicación aberta que redunde na mellora e crecemento dos recursos.
-Manter a información e tranparencia económica e difundir a política de calidade.
-Cumplir os requisitos legais e reglamentarios que nos afectan e os requisitos da norma ISO 9001.
En resumo, a calidade implica unha actitude permanente de orientación cara ao usuario e ás súas necesidades e supón un esforzo continuado no tempo, un proceso de mellora permanente no cal se teñen que implicar o conxunto de directivos e persoal traballador.
A Dirección da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña apoia e avala esta política de calidade e se compromete a difundila e levala a cabo.
RECOÑECEMENTOS PÚBLICOS