POLÍTICA DE TRANSPARENCIA
REGULAMENTOS DE RÉXIME INTERNO
AUDITORÍA DE CONTAS
CONTAS ANUAIS
Ano 2023
Ano 2021
Ano 2020
Ano 2019
Ano 2018
Ano 2017
Ano 2014
Ano 2013
AS NOSAS AXUDAS
A ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA está a desenvolver as obras do Programa “INVISTE A MARIÑA 2024”. Este programa, que desenvolvemos conxuntamente a Saúde Mental Feafes Galicia, a nosa Federación, está a ser cofinanciado pola CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades.
As obras que se están a realizar comprenden a pintura interior e exterior da Unidade Residencial A Mariña, así como aos obras de albanelería necesarias para instalar o grupo electróxeno de dita Unidade Residencial nun pequeno local anexo.
A ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA continua a desenvolver o Programa “BENESTAR E SAÚDE MENTAL”. Este programa, que desenvolvemos conxuntamente a Saúde Mental Feafes Galicia, a nosa Federación, está a ser cofinanciado pola CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades.
O deseño deste programa comprende a realización de diferentes actividades de ocio e tempo de lecer tales como actividades de participación na comunidade ( teatro, participación nas festas tradicionais, cine, ..), actividades deportivas ( sendeirismo, ...), actividades vacacionais ( estancias en casas rurais,..) e tamén o traballo coas familias e persoas de referencia de cara a ofrecer un respiro familiar.
A ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA continua a desenvolver o Programa “VOLUNTA SAÚDE MENTAL”. Este programa, que desenvolvemos conxuntamente a Saúde Mental Feafes Galicia, a nosa Federación, está a ser cofinanciado pola CONSELLERÍA DE CULTURA LINGUA E XUVENTUDE a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades. A través deste programa preténdese traballar coas persoas volunarias e fomanter a súa aprendizaxe en materia de saúde mental a través da súa partipacion nas diferentes actividades que se realizan na entidade.
A Asociación Saúde Mental A Mariña desenvolve un ano máis o programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, COIDANDO DE MIN, chegando no ano 2025 a súa IX edición. Este programa está subvencionado a través da Consellería de Política Social e Igualdade e é cofinanciado parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Os resultados esperados son que, as mulleres participantes no programa, a través do apoio recibido eviten recaídas, aumenten o coñecemento da súa enfermidade, así como estratexias de manexo de situacións adversas, melloren a seguridade en sí mesmas, a integración na comunidade e a súa rede social de apoio.
Esta axuda responde ao obxectivo político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”; prioridade 2: “Inclusión social e loita contra a pobreza”; obxectivo específico ESO4.8: “Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos”, e medida 2.H.01: “Apoio á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero”.
A Asociación Saúde Mental A Mariña continua a desenvolver o Programa “VELANDO POLA MIÑA SAÚDE INTEGRAL” que, no ano 2025, chega a súa sexta edición. Este programa, que este ano presentamos conxuntamente a Saúde Mental FEAFES Galicia, a nosa federación, está a ser cofinanciado pola CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades.
Isto permite á entidade dar continuidade a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para as mulleres beneficiarias e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.
O obxectivo polo que se traballa de forma continuada a través do Programa “VELANDO POLA MIÑA SAÚDE INTEGRAL VI” é prestar apoio ás usuarias das Unidades Residenciais e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde. Trátase de facilitar a comprensión e asistencia e/ou seguimento das citas médicas e o cumprimento das indicacións dadas, así como de manter a estabilidade clínica favorecendo o seguimento das pautas farmacolóxicas e indicacións médicas, co fin de cumprir coas mesmas e contar co tratamento médico individualizado adaptado ás necesidades de cada usuaria.
Entre as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde, entre outras.
Fotografía da educadora social que desenvolve o Programa desenvolvendo un dos talleres de educación para a saúde
A Asociación Saúde Mental A Mariña conta con unha subvención para execución de un proxecto ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operación conforme á extratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 para as anualiades 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
CONECTA CO MAR. O MAR É VIDA persegue o obxectivo de mellorar a calidade de vida e fomento do benestar social da persoas con enfermidade mental a través da realización de actividades vinculadas ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural marítimo pesqueiro, tendo entre os seus obxectivos específicos a prevención do suicidio.
Os resultados esperados son:
- A participación activa e regular das persoas con enfemidade mental que atendemos nas unidades residenciais da entidade nas actividades do proxecto, o que conlevará o aumento do coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural das zoas pesqueiras.
- Establidade clínica das presoas con enfermidade mental participantes
- Maior concienciación so bre a importancia de coidar do medio mariño dunha forma activa.
O cofinanciamento deste proxecto enmarcase dentro da prioridade 3 dunha Europa máis próxima aos seus cidadáns, fomentando o desenvolvemento integrado e sustentable de todo tipo de territorios e iniciativas locais, obxectivo específico 3.1 de posibilitar unha economía, azul sustentable nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento de comunidades pesqueiras e acuícolas, tipo de actividade 3.1.2 de estratexias de desenvolvemento local participativo, e tipo de intervención 1.4 de aplicación da estratexia de CLLD.
A ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA continua a desenvolver o Programa “VELANDO POLA MIÑA SAÚDE INTEGRAL” que, neste ano 2024, chega a súa quinta edición. Este programa está a ser cofinanciado pola CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedade, xestionado pola SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE para o ano 2023.
Isto permite á entidade dar continuidade a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para as mulleres beneficiarias e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.
O obxectivo polo que se traballa de forma continuada a través do Programa “VELANDO POLA MIÑA SAÚDE INTEGRAL IV” é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde. Trátase de facilitar a comprensión e asistencia e/ou seguimento das citas médicas e o cumprimento das indicacións dadas, así como de manter a estabilidade clínica favorecendo o seguimento das pautas farmacolóxicas e indicacións médicas, co fin de cumprir coas mesmas e contar co tratamento médico individualizado adaptado ás necesidades de cada usuaria.
Entre as as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde, entre outras.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade otorgou, á Asociación Saúde Mental A Mariña, unha subvención ao amparo da Orde do 31 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento do proxecto “ IMPULSA- SAÚDE MENTAL” coa contratación de catro persoas.
Esta axuda responde ao obxectivo político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do alicerce europeo de dereitos sociais”; prioridade 2: “Inclusión social e loita contra a pobreza”; obxectivo específico ESO4.8: “Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos”, e medida 2.H.01: “Apoio á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero”.
A súa finalidade e/ou resultado esperado é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu apoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
O Programa CONÉCTATE COA VIDA encádrase na Liña V “Programas de prevención do suicidio en poboación xeral, trastornos mentais (incluídos os trastornos aditivos)” dentro da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, polo procedemento de anticipado de gasto, o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais, da Consellería de Sanidade.
A través do Programa CONÉCTATE COA VIDA trabállase a promoción do coidado da saúde mental e prevención do suicidio, buscando sensibilizar e concienciar sobre a conduta suicida e a súa prevención, así como sobre o estigma da enfermidade mental, concienciación da enfermidade, favorecer o desenvolvemento da autoconfianza e a autoestima, traballar a comunicación asertiva e a cohesión de grupo.
A Asociación Saúde Mental A Mariña obitvo unha subvención, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, destinada á adquisición de un vehículo que facilite a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
A ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL A MARIÑA recibiu unha subvención para desenvolver o Programa “VELANDO POLA MIÑA SAÚDE INTEGRAL IV” durante o ano 2023. Este programa está a ser cofinanciado pola CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedade, xestionado pola SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE para o ano 2022.
Isto permite á entidade dar continuidade a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para as mulleres beneficiarias e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.
O obxectivo polo que se está a traballar a través do Programa “VELANDO POLA MIÑA SAÚDE INTEGRAL IV” é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde. Trátase de facilitar a comprensión e asistencia e/ou seguimento das citas médicas e o cumprimento das indicacións dadas, así como de manter a estabilidade clínica favorecendo o seguimento das pautas farmacolóxicas e indicacións médicas, co fin de cumprir coas mesmas e contar co tratamento médico individualizado adaptado ás necesidades de cada usuaria.
Entre as as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde, entre outras.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade otorgou , a Asociación Saúde Mental A Mariña ,unha subvención ao amparo da Orde do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento do proxecto “APOIO INTEGRAL- SAÚDE MENTAL” coa contratación de catro persoas.
O desenvolvemento do programa “Acondicionamento edificación residencia persoas con enfermidade mental”, financiado íntegramente pola Consellería de Sanidade, vai a permitir ampliar os dispositivos de atención das persoas con enfermidade mental e as súas familias na Comunidade Autónoma e será a segundo dispositivo destas características que xestiona a entidade.
Esta axuda responde ao o obxectivo temático 13 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento 13.1 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico 13.1.2 «Apoiar o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de vulnerabilidade, o acceso aos sistemas sociais e as medidas de inclusión social e erradicación da pobreza» e liña de actuación 122-Apoio á inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero.
O resultado esperado é mellorar e facilitar a inserción laboral das mulleres contratadas coas finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas cuxa situación se viu agravada como consecuencia da crise ocasionada pola pandemia da COVID-19.
Fundación La Caixa seleccionou o proxecto " Mentalización y sensibilización en Salud Mental," presentado pola nosa entidade á Convocatoria Galicia 2022 no marco do “Programa de Ayudas a Proyectos de Iniciativas Sociales", con una aportación económica de 15.300 €.
A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía social otorgou unha subvención ao amparo da Orde do 31 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contratación o desenvolvemento do proxecto Formación en coidados de saúde mental coa contratación de dúas persoas.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña acaba de recibir unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral II”. Este programa está a ser cofinanciado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2020
O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental a Mariña percibiu unha subvención financiada a través da Consellería de Sanidade, que solicitou a través da Federación Saúde Mental Feafes Galicia, destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega.
Esta axuda contempla duas liñas, unha de investimento en instalacións e equipamentos coa cal se melloraron as instalacións e equipamentos do C.R.P.L. de Burela e outra a través da cal desenvolve o programa Proxima e Emociona.
SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE
Este ano a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña conta novamente cunha subvención que permite dar continuidade ó desenvolvemento do programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, COIDANDO DE MIN V. Este programa está subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e busca promover a igualdade, a saúde e iclusión social.
Os resultados esperados son que, as mulleres participantes, continúen mellorando e afianzando a seguridade en sí mesmas, continúen mellorando o coñecemento da enfermidade, melloren ou manteñan a integración na comunidade, adquiriran ou melloraren estratexias de afrontamento ante situación adversas, manteñan ou aumenten a rede social de apoio e sempre prestándolles apoio naquelas situacións que o precisen.
A Asociación Saúde Mental A Mariña recibiu unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral III” durante o ano 2022. Este programa está a ser cofinanciado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2021.
O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde.
Esto permite á entidade dar continuación a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para elas e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.
Entre as as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde entre outras.
SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE
A Asociación Saúde Mental A Mariña continúa desenvolvendo o programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, COIDANDO DE MIN, que chega xa ao seu VI ano de realización. Este programa está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade.
Os resultados esperados son que as mulleres participantes continúen mellorando e afianzando a seguridade en sí mesmas, continúen mellorando o coñecemento da enfermidade, melloren ou manteñan a integración na comunidade, adquiriran ou melloraren estratexias de afrontamento ante situación adversas, manteñan ou aumenten a rede social de apoio e sempre prestándolles apoio naquelas situacións que o precisen.
Grazas a este programa conseguimos ademáis mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas con enfermidade mental e as súa familias así como buscar unha maior igualdade e concienciación na sociedade en xeral.